Axuda con Como traballar coa wiki (nova xanela)

Acceso

Portada de rede.foremgalicia.eu
(Portada do sitio)

Cando accedemos á plataforma a través da súa URL http://rede.foremgalicia.eu atopamos a portada do sitio, se amosa na área principal unha listaxe de cursos activos nese momento.

Tamén temos nesta pantalla:
A : ligazón de acceso, que nos levará á pantalla de identificación (a que mostra a seguinte imaxe)
B : ligazóns de Axuda e Glosario Xeral, que nos levan aos documentos de axuda -como este- e a un glosario cos termos máis empregados no contexto da teleformación e de Moodle (a aplicación informática da plataforma)

Para acceder a un dos cursos só temos que premer no nome do curso, o que nos levará á pantalla de identificación (a que se mostra na seguinte imaxe).



Pantalla de identificación
(Pantalla de identificación)

Na pantalla de identificación temos:
A : formulario de acceso para usuario rexistrados. Neste formulario, co noso nome de usuario e contrasinal poderemos acceder aos nosos cursos e outros recursos para usuarios rexistrados.

B : botón de acceso como convidado. Algúns dos nosos cursos permiten o accesoinda que non se teña conta de usuario rexistrada no sistema.

C : botón para pedir un novo contrasinal. Se esquecemos o noso contrasinal, pero recordamos o nome de usuario ou o enderezo de correo electrónico que temos rexistrado no sistema podemos pedir un cambio de contrasinal. Despois de introducir ou ben o nome de usuario ou ben o enderezo de correo electrónico (se é correcto) recibiremos na nosa caixa de correo instrucións para recibir un novo contrasinal.

D : Se non temos conta de usuario no sistema, é que non estamos matriculados en ningún curso. Podes visitar a nosa oferta formativa premendo na imaxe, ou en http://portal.foremgalicia.eu